Co capitalismo non haberá futuro para ninguén...

POBOACIÓN MUNDIAL: 6.800 millóns, dos cales...

* 1.020 millóns son desnutridos crónicos (FAO, 2009)

* 2.000 millóns non teñen acceso a medicamentos (www.fic.nih.gov)

* 884 millóns non teñen acceso a auga potábel (OMS/UNICEF 2008)

* 924 millóns “sen teito” ou en vivendas precarias (UN Habitat 2003)

* 1.600 millóns non teñen electricidade (UN Habitat, Urban Energy)

* 2.500 millóns sen sistemas de drenaxes ou sumidoiros (OMS/UNICEF 2008)

* 774 millóns de adultos son analfabetos (www.uis.unesco.org)

* 18 millóns de mortes por ano debido á pobreza, a maioría de nenos menores de 5 anos (OMS)

* 218 millóns de nenos, entre 5 e 17 anos, traballan a miúdo en condicións de escravitude e en tarefas perigosas ou humillantes como soldados, prostitutas, serventes, na agricultura, a construción ou na industria téxtil (OIT: A eliminación do traballo infantil: un obxectivo ao noso alcance, 2006)

* Entre 1988 e 2002, o 25% máis pobre da poboación mundial reduciu a súa participación no ingreso mundial desde o 1,16% ao 0,92%, mentres que o opulento 10% máis rico acrecentou as súas fortunas pasando de dispor do 64,7 ao 71,1% da riqueza mundial . O enriquecemento duns poucos ten como o seu reverso o empobrecemento de moitos.

* Só ese 6,4 % de aumento da riqueza dos máis ricos sería suficiente para duplicar os ingresos do 70% da poboación mundial, salvando innumerábeis vidas e reducindo as penurias e sufrimentos dos máis pobres. Enténdase ben: tal cousa lograríase se tan só se puidese redistribuír o enriquecemento adicional producido entre 1988 e 2002 do 10% máis rico da poboación mundial, deixando intactas as súas exorbitantes fortunas. Pero nin sequera algo tan elemental como isto é aceptábel para as clases dominantes do capitalismo mundial.


Conclusión: se non se combate a pobreza (nin se fale de erradicala baixo o capitalismo!) é porque o sistema obedece a unha lóxica implacábel centrada na obtención do lucro, o que concentra a riqueza e aumenta incesantemente a pobreza e a desigualdade económico-social


Atilo Borón.Extraído de: http://www.altermundo.org/content/view/3254/1/



Os días 26 e 27 reunirase novamente o G-20 en Toronto (Canadá), para probabelmente seguir a lexitimar os golpes de Estado encubertos do FMI e proseguir desprezando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que non tose nin moxe nesta barbarie.

No hay comentarios: